Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un congreso internacional en Santiago (I+C) reivindicará a Rede como salvagarda do plurilingüe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Un congreso internacional en Santiago (I+C) reivindicará a Rede como salvagarda do plurilingüe

Fernando Sarasketa
Publicado: 20/12/2007
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

facultade_xornalismo_usc.jpgInternet dálles azos ás culturas minoritarias ou, pola contra, ponas na picota? Collemos todos na Sociedade da Información coa nosa cultura e a nosa fala ou deixaremos de ser (dentro de pouco tempo) traballadores por technical workers ou directores de empresa por coaching managers? Ironías aparte, a cuestión dá para moito, e case todos os implicados coinciden neste punto: de cómo se empreguen as ferramentas e recursos da Sociedade do Coñecemento, dependerá o afianzamento cultural no mundo destes pobos. Para afondar neste tema, vaise organizar na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago (na imaxe) o Congreso I+C Investigar a Comunicación, do 30 de xaneiro ó 1 de febreiro. Na xuntanza, que (como dixemos) servirá para avaliar as posibilidades de pluralidade que achegan os novos soportes, xa están inscritas máis de 400 persoas a día de hoxe.
O evento vén da man da Asociación Española de Investigación da Comunicación.
Por certo que nela participará amplamente a investigadora peruana Teresa Quiroz, presidenta da Federación Latinoamericana de Facultades de Comunicación Social (FELAFACS). Quiroz, que defende o valor das novas ferramentas tecnolóxicas como muro de defensa do multicultural, é autora do libro Jóvenes e Internet. Entre el pensar y el sentir, no que afonda no comportamento da mocidade á hora de pórse perante a Rede, canle que, ó seu xuízo, senta os alicerces dunha cultura nova dos mozos, cunha linguaxe propia, grazas á posibilidade de ter un contacto constante. O dato en si mesmo ten importancia cualitativa e cuantitativa: os mozos e mozas de hoxe son os que dirixirán os fíos da Internet do mañá e, ademais, constitúen a día de hoxe o groso de usuarios da Rede. Neste senso, cómpre sinalar que en Galiza os rapaces de 15 a 19 anos son os que máis se conectan e en todas as provincias, segundo datos achegados polo Instituto Galego de Estatística. Amais diso, case nove de cada dez mozos ten teléfono móbil para o seu emprego propio e un 21% conta con acceso á Rede.
Volvendo ó Congreso I+C, engadir que se trata dun encontro de caracter internacional que reunirá a estudosos da comunicación como o arxentino Néstor García Canclini, quen pronunciará a conferencia inaugural ademais de Raúl Trejo, Tapio Varis, Erick Torrico, Margarita Ledo ou Mariano Cebrián Herreros.
Os temas a tratar son variados, malia que xiren arredor do mesmo eixo: a Rede como palestra do plurilingüe. Así, abordaranse temas como a relación entre investigación en comunicación e democracia, as políticas de comunicación e cultura, a sociedade da información e as novas tecnoloxías, a creatividade e a produción de contidos son os eixes do Congreso I+C Investigar a Comunicación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?