
Emulación do xogo Tekken 3 no iPhone |
Resulta impresionante que se completen este tipo de aplicacións cando aínda non existe un SDK oficial para o iPhone (que chegará en febreiro de 2008). No caso do PSX4All hai que destacar que o emulador precisa dunha copia da BIOS da consola de Sony para funcionar, polo que a aplicación en si mesma sería legal, pero a copia do ficheiro en cuestión sería dunha legalidade dubidosa, pois aínda que a PSX estea descatalogada, os xogos para a mesma están recuperarse coma descargas para a PSP.

