Motorola vén de introducir no seu catálogo o CPEi 100, que é un dispositivo de comunicacións WiMAX de baixo custo, o que facilitará a implantación de redes con esta tecnoloxía.
O novo punto de acceso para comunicacións baixo o estándar IEEE 802.16e estará dentro da familia MOTOwi4 e se poderá ver a vindeira semana no CES de Las Vegas. O dispositivo non é todo o portátil que sería de desexar, pero permitirá ás operadoras que comercialicen conexións na banda dos 2,5 GHz dar ós seus usuarios domésticos unha solución accesible de conectividade sen fíos.
Motorola producirá un punto de acceso WiMAX de baixo custo para ordenadores domésticos
Compartir Este Artigo

