O blog de José Luis Prieto,jlprieto.net vén de acadar o oitavo posto no ranking de blogs políticos de toda España e o primeiro de Galicia, segundo os criterios de Wikio, un portal europeo especializado na análise da blogosfera.
Este blogueiro de 34 anos reside nunha aldea de Ames e dende o ano 2002 escribe un blog de análise e crítica política que agora vén de ser recoñecido polos profesionais da blogosfera.
Segundo o devandito ranking, o seguinte blog galego é o do lucense José Blanco, Secretario de Organización do PSOE (11º), e o de Prieto, que non ostenta ningún cargo institucional nin orgánico en ningún partido político, aventaxa ós de coñecidos políticos como o do senador do PNV Iñaki Anasagasti (19º) e o do ex-Ministro valenciano Jordi Sevilla (58º).
Asemade, a wikio asegura que o segundo blog máis influínte de Europa é Microsiervos, unha web onde tamén existe presenza galega xa que un dos seus tres autores é coruñés.
Un galego de Ames, entre os dez máis influíntes da blogosfera política española
Compartir Este Artigo

