O Consumer Electronics Show (CES) de Las Vegas foi a celebración elixida por Intel para amosar as súas previsións para os vindeiros anos, de xeito que o presidente da compañía predicou sobre a emerxencia das aplicacións de «realidade aumentada» que leven información en tempo real ós nosos dispositivos móbiles, cambiando o xeito de entender a Rede, pois non seriamos nos os que accederiamos á Internet, senón que a propia Internet viría a nós a través de infraestruturas de banda larga sen fíos (previsiblemente, WiMAX).

Lesta liña, Otellini fixo unha presentación das capacidades do Toshiba MID (con procesador Menlow que lle permite mesmo correr Windows Vista), que aínda é un dispositivo demasiado grande, pero que podería marcar un camiño de cara onde irán os novos terminais móbiles.
E se o día anterior Bill Gates estivo en escena co guitarrista Slash, Otellini contou coa presenza de Steve, o cantante do grupo Smashmouth, que axudou a presentar varias tecnoloxías, como un sistema de captura de movemento baseado en cámaras que lle permitiu participar nunha especie de concerto virtual da súa banda, no que parecía un contorno semellante a Second Life.
Intel augura unha Internet persoal e móbil
Compartir Este Artigo

