BitLet é unha aplicación en Java que permite descargar ficheiros a través da rede de intercambio entre pares BitTorrent sen precisar de instalación de software, que agora dá un paso adiante con WeStream, que consiste no uso da aplicación anterior para a descarga de música en formatos OGG ou MP3 para a súa reprodución dende o navegador de Internet.
Esta ferramenta pode resultar útil para contornos nos que non se pode instalar software de descarga nun equipo ou para escoitar a música antes de descargala. É de agardar que no futuro esta solución Java se integre en webs de descargas de BitTorrent para facilitar a identificación da música por parte dos usuarios ou mesmo para probar algún tema musical antes de descargar un disco completo.
WeStream permite escoitar música da rede BitTorrent dende o navegador web
Compartir Este Artigo

