
Llamazares, coa vista posta nos vindeiros comicios electorais, declarou que dende o seu partido cren «preciso democratizar a Rede e esta debe entenderse hoxe en día coma un servizo público ó igual que o foi a radio e televisión pública». Sobre o polémico canon dixital destacou a necesidade de buscar un mecanismo de consenso, pois afirmou que «é unha barbaridade» que se trate dunha taxa indiscriminada e inxusta que xestiona unha entidade privada.
O coordinador de IU xa destacara por contar cun avatar en Second Life, e para continuar innovando tamén ten presenza agora na rede de residentes virtuais de Ixerpa e estreou o proxecto Revota, que é un rexistro de votantes do seu partido político, para establecer unha ligazón estable cos mesmos.
Llamazares pensa que a Internet debería entenderse coma un servizo público
Compartir Este Artigo

