Os profesores contan cunha nova ferramenta web chamada Yaca Paca! e que permite realizar tarefas académicas para profesores e alumnos, destacando polo feito de que só os profesores se poden dar de alta na web, tralo que poderán crear chaves de acceso ou engadir a cada estudante a unha listaxe de alumnos. Organizados os alumnos, os profesores poderán asignarlles tarefas elixidas que se resolverán directamente na web e das que poderán coñecer os resultados, así como consultar as estatísticas dos mesmos para comprobar o rendemento dos alumnos.
Por desgraza o servizo web só está dispoñible en inglés, pois segundo o que podemos ver no screencast publicado na Rede, semella ser unha ferramenta extraordinariamente útil para a docencia valéndose das TIC.
Unha web permite os profesores pór tarefas ós seus alumnos en liña
Compartir Este Artigo

