Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Congreso I+C reunirá en Compostela a máis de 500 investigadores de todo o mundo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O Congreso I+C reunirá en Compostela a máis de 500 investigadores de todo o mundo

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/01/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

congresoi_c_presentacion.jpgQue vai ser do xornalismo agora que temos Rede para levar a cabo unha acción tan cotiá como mercar o pan? Haberá sitio nela, na maré de información que empurra a Internet, para nós os galegos e a nosa cultura? Estas e outras cuestións, vinculadas todas elas ós cambios que estamos a sufrir no xeito de obter e achegar coñecemento, serán tratadas polo miúdo nunha xuntanza en Santiago na que está previsto que participen máis de 500 investigadores procedentes de todo o mundo. As liñas e os obxectivos do encontro (do que xa falamos hai uns días), foron presentados esta mañá en Compostela por Margarita Ledo, presidenta do comité organizador, nun acto celebrado en Xornalismo.
Esta facultade será precisamente o escenario da reunión, que se estenderá ó longo de tres xornadas (do 30 de xaneiro ó 1 de febreiro) e que significará a constitución oficial da Asociación Española de Investigación da Comunicación. O nome oficial do evento dá sinais claras das intencións que lle están a dar forma: Congreso I+C Investigar a Comunicación.
Un dos aspectos máis salientables do congreso vai ser a súa vontade de pregar o mundo nun único escenario: Santiago. Deste xeito, informou na presentación Margarita Ledo, farase todo o posible por convocar á comunidade universitaria do máximo número de países, sendo polo de agora a resposta positiva abonda. A xuízo de Ledo, a importancia do evento é ben grande, non só como eido de reflexión e debate, senón como berce para un colectivo, o devandito, que aspira a ser un referente internacional no intercambio de coñecemento, experiencia e achados científicos. Este será, precisamente, o obxectivo da Asociación Española de Investigación da Comunicación: potenciar a investigación no eido do fenómeno informativo e establecer unha política de cooperación con entidades internacionais de estudo, segundo sinalou hoxe en Compostela Miquel de Moragas, presidente da comisión xestora do novo colectivo.
Quen estará na xuntanza?
Segundo sinalaron os responsables da reunión, máis de 25 países participarán nela, sobre todo do eido europeo e americano. O profesor da Universidade Autónoma Metropolitana de México, Néstor García Canclini, ou a profesora da Universidade de Lima (Perú), Teresa Quiroz, son algúns dos representantes de América Latina. No ámbito europeo estarán en Compostela especialistas de renome como a profesora da Universidade de Kent (Gran Bretaña), Elisabeth Cowie; o profesor da Universidade de Tampere (Finlandia), Tapio Varis; ou a blogger Regine Debatty.
Por parte de Galiza e Catalunya, acudirán (entre outros) a catedrática da Universidade de Santiago de Compostela, Margarita Ledo, ou o catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona, Miquel de Moragas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?