
A nova ferramenta fará posible o desenvolvemento telemático do curso, respondendo á demanda de formación en portugués por parte de mozos e mozas de toda Galicia. Os interesados no curso poderán acceder ó mesmo dende a súa propia web ou a través da páxina web de Xuventude, sendo posible acceder a estes espazos coma visitante ou coma inscritos (permitindo esta ultima opción a participación activa, tomando parte nas actividades que se propoñan ou respondendo ós distintos exercicios).
Os participantes no curso obterán o seu correspondente diploma acreditativo e participarán no sorteo dunha estancia de fin de semana en Lisboa.
O curso consta de 8 bloques de contidos, cada un deles divido en varias partes (vídeo e audio, contidos gramaticais, léxico e actuacións de comunicación) e inclúe tamen un apartado onde se trata a perspectiva sociocultural, abordándose cuestións xeográficas ou se fala de hábitos sociais.
Segundo explicou Torres Feijóo, a nova ferramenta achega «contidos funcionais, gramaticais e léxicos que inciden na fórmulas e nas formas de relacionarse e de falar que ten a mocidade actual».
Xuventude presenta unha ferramenta de formación do portugués a través da Internet
Compartir Este Artigo

