O Real Club Celta de Vigo estrea esta semana unha tenda virtual, un completo espazo no que os afeccionados de todo o mundo poderán ver e adquirir con comodidade e seguridade toda a liña de roupa e produtos do Club.
A tenda virtual pode consultarse en español, galego e inglés, e responde a unha aposta pola modernización do Celta, facendo que os produtos do Club non estean limitados ás tendas viguesas de Balaídos e a rúa Carral.
Os pedidos remítense ós compradores a través da empresa Bpack, que fai prezos especiais ós seguidores do club celeste.
O Celta de Vigo estrea tenda virtual
Compartir Este Artigo

