Os wikis son unha ferramenta que permite construír bibliotecas de artigos de xeito colaborativo que non se teñen por qué limitar a serias enciclopedias como a Wikipedia, senón que tamén serven para usos máis lúdicos, como demostra a Chikipedia, que presume de ser a meirande base de datos baseada en wiki de mozas atractivas.
Esta ferramenta en liña permite consultar un inmenso catálogo de mulleres sobre as que se inclúe información coma o seu nome completo, as súas medidas, as súas afeccións, listaxe de persoas coas que mantivo relacións, a súa biografía, novas relacionadas, fotografías e vídeos, datos que poden enriquecer os usuarios, que tamén poden controlar se os contidos a Chikipedia son axeitados (coma evitar imaxes pornográficas).
A base de datos xa inclúe a 1.225 mulleres, principalmente do mundo do cine e da televisión.
Un wiki recompila información de centos de atractivas mulleres famosas
Compartir Este Artigo

