O vindeiro 18 de febreiro se celebrará no marco do Fórum Gastronómico de Santiago de Compostela, tralo I Encontro de Blogueiros enogastronómicos que se organiza no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago, presentarase ó público o Código Cociña, que é un código de autorregulación que xa subscribiron 30 blogueiros de toda España e que recolle 5 boas prácticas para mellorar a calidade e transparencia dos blogs de viño e gastronomía.
O Código propón diferenciar información de opinión, rexeitar a publicación de inxurias e calumnias nos comentarios dos blogs, sinalar a obtención dalgún tipo de contraprestación económica, indicar se hai algunha relación de parentesco ou amizade cos responsables dos produtos e servizos comentados e avisar sempre do seu prezo.
As normas que definen este código de autorregulación están publicadas en galego, español, catalán e inglés, e foron redactadas por Manuel Gago coas achegas de Óscar Beiro, Soledad Felloza, Jorge Guitián e Miguel Vila dentro do grupo de Blogastrónomos galegos.
Os blogs de viño e gastronomía contarán cun código de autorregulación
Compartir Este Artigo

