Xoán Manuel Sande e Ermitas Valencia presentando Recursos LingüísticosO deputado responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Xoán Manuel Sande, e a concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña, Ermitas Valencia, Romar, presentaron na sede da Deputación un CD-ROM e unha páxina web baixo o título Recursos Lingüísticos, que pretenden servir de ferramenta para os concellos e entidades sociais da provincia achegando «os recursos e ferramentas lingüísticas e sociolingüísticas máis destacadas que se poden atopar na Rede» como ligazóns a dicionarios e vocabularios, tradutores, recursos para a aprendizaxe e mellora do galego. Tamén conta cun apartado denominado Linguateca no que se atopan enderezos relacionados coa toponimia e a antroponimia, así como unha sección con ligazóns para a descarga de programas informáticos de uso cotián en lingua galega. Xoán Manuel Sande explicou que a Deputación editou un total de 3.000 discos compactos coa ferramenta informática, mentres que a páxina web recursosparaogalego.com complementará ó anterior chegando a máis xente e servido coma actualización dos contidos no CD-ROM. Ermitas Valencia asegurou que o concello coruñés adquirirá un milleiro de CD-ROM desta ferramenta para distribuílos entre as entidades da Coruña, para que poidan empregarse en obradoiros en diferentes asociacións.