A web no móbil poderá chegar dun xeito máis completo e doado ós terminais co sistema operativo Windows Mobile 5 e 6 grazas ó navegador Skyfire, actualmente en base de probas, e que destaca por permitir a visualización de contidos en Flash, ou sexa, para ver vídeos de YouTube ou escoitar a música de Last.FM. Tamén soporta as páxinas que fagan uso de tecnoloxía AJAX. En definitiva, que este prometedor navegador quere presentar a web no móbil coma se estivésemos diante do noso ordenador.
O novo navegador poderase ver estes martes durante o congreso DEMO 08 que se celebra no Deserto de Palm (California), onde se presentará publicamente por primeira vez.
Presentación do novo navegador para Windows Mobile |

