Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Expertos de todo o mundo defenden no Congreso I+C o papel do particular na era global
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Expertos de todo o mundo defenden no Congreso I+C o papel do particular na era global

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/01/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

congreso_i_c_apertura.jpgÉ compatible o noso xeito de vida co dos axentes que concorren na sociedade globalizadora? Imos todas as nacións e todos os pobos dereitiños cara a un mesmo punto onde cada cousa que fagamos ou digamos non soe realmente distinta do que se fai ou di a cinco mil quilómetros de distancia? Dar resposta a estas preguntas e outras moitas (xa que unha pregunta sempre leva envolta a seguinte) son en boa medida a razón de ser do Congreso I+C (Investigar a Comunicación) que se vén de inaugurar este mércores 30 na Facultade de Xornalismo de Santiago e que ficará de portas abertas ata o venres 1 de febreiro.
O encontro, que vai dirixido a esculcar nos grandes cambios que está a sufrir o acto de comunicar (en parte debido á concorrencia das novas tecnoloxías), servirá tamén para acoller a posta en marcha da Asociación Española de Investigadores da Comunicación.
O acto de apertura da xuntanza, na que participan uns 500 profesionais de 25 países, veu da man de Nestor García Canclini, profesor emérito da Universidade de México e especialista nas consecuencias das novas ferramentas dixitais no acto de emitir e recibir información. Canclini ofreceu sobre todo unha visión positiva das utilidades da Sociedade da Información: “A revolución dixital que estamos a vivir crea beneficios como o acceso directo e simultáneo á información, democratizando a educación, mellorando o benestar da maioría e favorecendo as oportunidades de participar na vida política”.
No que atinxe ó papel das linguas e das culturas minoritarias, defendeu perante todas as cousas o respecto ó particular. Ó seu xuízo, cada sociedade e cada nación ten dereito ó seu propio modo de vida e se pensamos na información e no coñecemento como parte das relacións entre culturas pasamos a concibir de xeito distinto as relacións entre Oriente e Occidente ou diferenzas xeracionais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?