O Tribunal de Xustiza da Unión Europea asegurou que o dereito comunitario «non obriga ós Estados membros a divulgación de datos persoais con obxecto de garantir a protección efectiva dos dereitos de autor no marco dun procedemento civil», ou sexa, que as operadoras de telefonía non terán que identificar ós usuarios de redes P2P, tirando por terra as pretensións da Asociación de Produtores de Música de España (Promusicae).
A entidade solicitara a Telefónica en 2005 que lle facilitase os datos duns usuarios da aplicación de P2P KaZaA conforme a unha relación de enderezos IP, pero a operadora negárase a atender á petición de Promusicae amparándose na lexislación española, e agora confírmase que coa lexislación europea acontece o mesmo, aínda que cada Estado pode operar con liberdade a este respecto, de aí que agora Promusicae estea a pedir un cambio regulatorio, pois quedou patente que o Goberno é competente a este respecto.
Os usuarios de redes P2P seguiran sendo anónimos en España
Compartir Este Artigo

