Continuando a súa aposta polas TIC, Izquierda Unida elixiu a súa sintonía electoral para os vindeiros comicios a través de MySpace, recibindo máis de 50 composicións para tal fin, que despois votaron membros da comunidade e resultando seleccionado o tema Fiesta do compositor Yamel Romero, e que se pode escoitar no seu propio espazo no portal social.
Esta é a primeira vez que en España se escolle unha sintonía electoral mediante esta fórmula, e dende IU están moi satisfeitos co resultado acadado.
De tódolos xeitos, cómpre destacar que os resultados de IU na Internet están a ser bastante modestos, cun máximo de máis de 10.000 visitas diarias na web gasparllamazares.es e unha participación cidadá bastante limitada no blog do candidato (que recibe moi poucos comentarios en cada entrada, para ser un espazo con grande repercusión nos medios de comunicación tradicionais).
Izquierda Unida elixiu a súa sintonía electoral en MySpace
Compartir Este Artigo

