
Esta, sinalou, é precisamente a prioridade do Goberno galego: camiñar ó mesmo ritmo cós países máis desenvolvidos da UE facendo uso do único pulo posible: a aposta pola creación propia de ferramentas e servizos (materiais ou non) que marquen a diferenza. Neste senso, o vicepresidente declarou que aínda queda moito camiño por percorrer, pero que para transitar este vieiro pártese dunhas condicións favorables. Por exemplo: as que achega o Fondo Tecnolóxico a través dos 405 millóns de euros que ata 2013 lle ten asignados a Galiza.
En realidade, o discurso de Quintana a propósito da aposta pola innovación non diferiu moito do que sostén o edificio do Clúster TIC (do que falamos estes días nesta web), un edificio a todas luces colaborativo: “Ou hai traballo conxunto, ou vaise perder a oportunidade”, dixo. Por iso, pediulle ó sector empresarial que teña ambición e se anime a pór en marcha o meirande número posible de iniciativas de I+D.
Quintana convoca á empresas galegas a innovar facendo fronte común
Compartir Este Artigo

