
O proxecto, encamiñado nun principio a operar en España, seguiría o ronsel deixado por uns vellos amigos desta nosa web, os rapaces do Grupo Nai (Bertamiráns), responsables da posta en marcha de Videoclub.com.es, un innovador modelo de negocio de produtos audiovisuais baseado en parte na achega de filmes gratis con insercións de publicidade local.
A iniciativa de ADNStream (que polo tanto non sería, como se nos conta na Voz, a única experiencia en España destas características) tira partido deste mesmo modelo de publicidade -aplicado abondo en Estados Unidos- para pór ó alcance dos internautas títulos distribuídos por Filmax como O soño de Valentín, Beyond Reanimator, Darkness ou A lenda do Cid.
Por certo que os filmes están accesibles durante todo o día e a publicidade non constitúe interrupción algunha dos mesmos, posto que vai inserida antes ou despois.
ADNStream.tv ofrece filmes de balde do selo Filmax
Compartir Este Artigo

