Vodafone e Spinvox presentan o novo servizo Dicta SMS que permitirá ós clientes de Vodafone converter as chamadas de voz en texto a través de dúas modalidades: Dicta SMS automático e Dicta SMS 115.
O servizo automático permite que cando se chame a un teléfono fóra de cobertura, en vez de deixar unha mensaxe no contestador automático se pode ditar unha mensaxe que se remitirá mediante SMS. Este mesmo mecanismo se pode utilizar tamén con móbiles que non estean apagados ou fóra de cobertura utilizando o prefixo 115, que activará o sistema que converterá a voz do usuario en texto para remitirllo por SMS.
Esta nova solución xa leva tempo sendo avaliada e resulta de especial interese para persoas con discapacidades auditivas, e será de balde para o receptor de calquera das súas modalidades.
Desafortunadamente o servizo só está dispoñible en español, devolvendo un erro no caso de deixar unha mensaxe en galego.
Dicta SMS converte mensaxes de voz en texto para clientes de Vodafone
Compartir Este Artigo

