Mañá martes 12 de febreiro, vai ter lugar no Club Internacional de Prensa en Santiago de Compostela, a presentación do concurso Curtas na Rede, un evento organizado pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia que reúne en Internet o mellor do audiovisual galego en formato reducido.
Ó acto asistirán o secretario xeral de comunicación, Fernando Salgado, a presidenta do Consello da Xuventude de Galicia, Mª Dolores Rodríguez Amoroso e o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Xosé Fernández Iglesias, que se rodearán dun pequeno grupo de gañadores e gañadoras de antigas edicións para presentar perante os medios de comunicación as novidades desta terceira edición do concurso.
Arranca a terceira edición do concurso Curtas na Rede
Compartir Este Artigo

