O Programa Chavales, unha iniciativa de Red.es enfocada á relación entre a infancia e as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) celebra hoxe o Día Europeo por unha Internet máis segura asinando un convenio de colaboración con Telefónica mediante o cal levarán a cabo accións conxuntas para a protección do menor no emprego das TIC.
Como apuntabamos en días pasados, a edición deste ano versa sobre o uso do móbil e por este motivo ambas entidades potenciarán actividades e campañas comunicativas sobre o emprego responsable da tecnoloxía e máis concretamente sobre o uso deste dispositivo.
Pola súa banda, a web que o Programa Chavales tiña en funcionamento dende o pasado 7 de febreiro para concienciar ós menores sobre o correcto emprego do móbil xa recibiu a visita de máis de 1.000 nenos e nenas que participaron no xogo baseado no Arcade Invaders dos anos 80.
Esta xornada enmárcase dentro do programa Safer Internet Plus, promovido pola Unión Europea a través da Comisión para a Sociedade da Información e Medios de Comunicación dirixida por Viviane Reding.
Red.es celebra hoxe o Día Europeo por unha Internet máis segura
Compartir Este Artigo

