En tenda en liña británica Play.com lanzou unha nova tenda de descargas musical, PlayDigital, que ofrece temas do catálogo de EMI e selos independentes para a súa descarga en formato MP3 sen protección DRM. Os temas custan 0,65 libras e os álbums enteiros, 6,99 libras esterlinas, prezos moi semellantes ós que ten Apple na súa tenda iTunes, aínda que cunha maior compatibilidade (Apple emprega o formato AAC, mentres que o MP3 está soportado por practicamente tódolos reprodutores do mercado).
Play.com é unha das tendas máis importantes na web británica, con máis de 7 millóns de clientes e vén a ser un exemplo máis de que os sistemas DRM están condenados á súa desaparición, polo seu rexeitamento por parte do usuario.
Play.com comeza a vender música en MP3
Compartir Este Artigo

