Con motivo do 800 aniversario da cidade da Coruña, os alumnos do Máster en Producción e Xestión Audiovisual da Facultade de Ciencias da Comunicación, da Universidade da Coruña, están a gravar, ao longo de toda esta semana, unha peza audiovisual que amosará o rápido desenvolvemento que a cidade sufriu ao longo dos anos por mor da creación do porto.
Este proxecto, que se enmarca dentro dos traballos prácticos que se levan a cabo durante o curso, tamén inclúe unha representación gráfica das múltiples facianas que hoxe en día ten a cidade herculina. Deste xeito, búscase que fiquen reflectidos aspectos como a economía, a cultura, o movemento fundacional ou a tradición portuaria, tanto a través das imaxes como das declaracións de persoas relevantes en cada un destes eidos.
A finalización da rodaxe está prevista para o vindeiro venres 15 de febreiro para dar paso á montaxe na seguinte semana.
A UDC grava un vídeo sobre a evolución da cidade da Coruña
Compartir Este Artigo

