Trala intervención de FACUA-Consumidores en Acción, Vodafone anulou 8.016,09 euros facturados a un usuario en só 48 horas por conexións á Internet a través da súa filial en Portugal.
O sevillano Sergio B.D. tiña contratada a Tarifa Plana 3G sen límite de descargas, pero asegurou que a operadora non o informou de que o servizo seguiría activo se viaxaba fóra de España, polo que, aparte dos 39 euros/mes tamén debería pagar 5 euros por cada Mbyte descargado en conexións con Vodafone Portugal entre os días 29 de abril e 1 de maio.
FACUA constatou que o contrato subscrito con Vodafone non clarexa as condicións do servizo, e nos puntos de venda tampouco se explica que o roaming de datos ten os seus propios prezos (5 ou 10 euros por cada Mbyte descargado agás que se contrate unha tarifa plana específica).
Nun principio Vodafone pretendía cobrar integramente as cantidades facturadas, pero trala defensa do consumidor por parte de FACUA (que denunciou o caso ante a Secretaría de Estado de Telecomunicacións) a operadora emitiu unha factura rectificativa, o que non é o primeiro caso deste tipo (en xaneiro conseguiron a anulación dun cargo de 3.928,22 euros por roaming de datos en Francia).
FACUA consegue que Vodafone anule unha factura de máis de 8.000 euros por roaming de datos
Compartir Este Artigo

