Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria, presidiu este venres o acto de inauguración da rede de comunicación sen fíos do Concello de Boborás creada no marco dun convenio entre o Concello e a Consellaría cifrado en 83.000 euros.
A directora xeral considerou imprescindible que o total da cidadanía de Galicia poida acceder á tecnoloxía para poder acceder eficientemente á Internet, sendo preciso mellorar os niveis de utilización no rural, onde existen atrancos para o uso da Rede.
Aparte da rede WiMAX, Boborás tamén estrea unha aula de dinamización da Sociedade da Información.
O Concello de Boborás estrea rede sen fíos
Compartir Este Artigo

