Nicholas Negroponte, fundador do proxecto One Laptop Per Child, que prometía achegar ós nenos de países en vías de desenvolvemento ordenadores portátiles a 100 dólares precisou á revista Wired que «o obxectivo eran os 100 dólares… e o conseguiremos antes de rematar 2009» ó que engadiu que o prezo «se reducirá a 50 dólares en 2011».
Estas declaracións resultan case escandalosas ó ter en conta que moitos países e empresas están a retirar o seu apoio previo o proxecto OLPC en vista das moitas dificultades que están a ter para acadar os seus obxectivos (a produción dos portátiles XO-1 demorouse bastantes meses e comezou a un prez moi elevado) mentres que outras empresas están a facer posibles equipos económicos máis versátiles.
Negroponte precisou que as estimacións que fai sobre o prezo do portátil do seu proxecto se basea na Lei de Moore, pero orientándose á redución de custos en vez de ó incremento de prestacións (o que podería ser pouco realista, pois a fabricación dos equipos non é precisamente altruísta).
Por outra banda, o co-fundador do MIT Media Lab tamén recoñeceu que o seu proxecto non poderá atender a demanda mundial, polo que recibe de bo grado iniciativas semellantes coas que se poderán aliar no futuro (o que parece unha reacción lóxica ante a emerxencia de equipos UMPC de baixo custo coma o Asus Eee PC).
Negroponte sostén que o prezo dos equipos do proxecto OLPC poderán baixar ós 50 dólares en 2011
Compartir Este Artigo

