
Durante a presentación da web, Alfonso Rueda destacou que o PPdeG aposta polo software libre e as redes sociais, polo que tirarán proveito de servizos coma Twitter, YouTube, Flickr ou Tuenti, e procurarán que o novo espazo vaia máis aló dun lavado de cara e se abra á participación. Incluso afirman que o PPdeG é o primeiro partido político de España en entrar na rede social de miniblogs Twitter.

Para achegarse máis á cidadanía, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, tamén conta cun blog persoal hospedado en Blogger, activo dende o mes de decembro, e que pretende actualizarse frecuentemente, de xeito que non será o típico blog electoral que quedará no abandono tralos comicios do 9 de marzo.

O PPdeG renova a súa páxina web
Compartir Este Artigo

