O programa Jóvenes en Red aprobado en Consello de Ministros co obxectivo de fomentar a presenza dos máis novos en Internet vai activar, a partires do vindeiro 15 de marzo, os dominios “.es” solicitados polos menores de 30 anos.
Esta iniciativa do Ministerio de Industria concibiuse en coordinación cos axentes rexistradores que hoxe prestan os servizos de rexistro “.es” en cooperación con Red.es e incluirá capacidade de almacenamento, contas de correo, deseño web, ferramentas de administración e recursos de seguridade.
Os mozos e mozas interesados poderán realizar o rexistro en liña do seu dominio e a solicitude do paquete web ofertado a partires do vindeiro 13 de marzo e ata o 15 de xullo e tamén a comezos do vindeiro mes daranse a coñecer a relación de empresas colaboradoras escollidas por concurso público para participar no programa.
Dende que dou comezo a primeira fase de Jóvenes en Red o pasado 15 de xaneiro, xa se anexionaron á iniciativa máis de 12.600 mozos e mozas que facilitaron os seus datos para que se leven a cabo as comprobacións oportunas.
A segunda fase comezará o vindeiro 13 de marzo e a partir de entón poderase realizar a solicitude e complementala en liña a través da web www.jovenesenred.es ata obter o paquete web ofertado a través dalgunha das catro empresas colaboradoras seleccionadas en concurso público.
Os dominios “.es” solicitados no programa Jóvenes en Red activaranse en marzo
Compartir Este Artigo

