O produtor da CNN Chez Pazienza comezou un popular blog mentres se recuperaba dun tumor cerebral, utilizando tal plataforma coma válvula de escape, o que non interfería na súa actividade profesional ata que dende a CNN decidiron despedilo tras atopar algunhas das opinións de Pazienza na Rede baixo a premisa de que se publicaran a través dun medio alleo á CNN.
A política da empresa non menciona expresamente a publicación de blogs, e dende o departamento de Recursos Humanos aseguraron que Pazienza era o único traballador da empresa que blogueaba baixo o seu propio nome (o que non é exacto, pois distintos empregados da CNN teñen o seu propio blog persoal sen escudarse en alcumes, o que podería supor o seu futuro despiddo).
O despido de Pazienza está a xerar bastante polémica nos EE.UU. pois podería supor unha limitación da liberdade de expresión persoal, así como crear un perigoso precedente.
A CNN despide a un traballador por bloguear
Compartir Este Artigo

