Dende un dos blogs de Periodista Digital denuncian que YouTube retirou un vídeo musical no que se fai unha parodia da canción Amante Bandido de Miguel Bosé para criticar a José Luis Rodríguez Zapatero, segundo parece a petición da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) por unha suposta infracción do copyright.
Esta restricción de contidos parece un acto de censura, dado que as versións satíricas son unha práctica moi habitual que noutros casos non supón ningunha medida por parte das entidades de xestión de dereitos de autor, en boa medida porque están exentas de dereitos de autor sempre que non se confundan coa obra orixinal, non dane a obra orixinal e non cause dano ó autor da obra orixinal. Algúns dan a entender que a SGAE tomou cartas no asunto por intereses políticos, e este incidente lembra lixeiramente ó de Pérez Hilton, web á que bloquearon vídeos por unha suposta violación do copyright (que non era tal).
De tódolos xeitos, volveron a subir o vídeo a YouTube e polo momento continúa a estar dispoñible:
Denuncian que YouTube censura un vídeo anti-ZP
Compartir Este Artigo

