A versión renovada do Mylo de Sony parece querer converterse en toda unha alternativa económica e atractiva a dispositivos coma o Nokia N810, e para darlle un importante pulo a este trebello a empresa nipona vén de abrir ós desenvolvedores a posibilidade de facer mini-aplicacións (widgets) para o Mylo 2.
O novo Mylo ten unha pantalla táctil de 3,5 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, 1 Gb de almacenamento, Wi-Fi e un teclado retroiluminado QWERTY que nun prinicipio xa integra mensaxería instantánea, VoIP a través de Skype e navegador web con soporte de Adobe Flash Lite 3 (compatible con servizos coma YouTube). Reproduce audio nos formatos máis populares e vídeo en MPEG-4, podendo ampliarse a súa memoria interna con tarxetas Memory Stick Duo e Memory Stick PRO Duo.
Ata o momento existen widgets para o Mylo con funcións de calendario, calculadora ou reloxo mundial, creados por Sony a xeito de exemplo, pero se agarda que nos vindeiros meses aparezan pequenas aplicacións que permite a comunicación máis doada e personalizada a servizos da Web 2.0.
Sony abre a programación de widgets para o seu novo Mylo
Compartir Este Artigo

