A firma de informática e electrónica de consumo, Airis, vén de presentar a televisión panorámica LCD MW145 que inclúe TDT e que pode ser empregada como televisión ou como monitor de ordenador mediante o que a empresa cualifica de “cómodo manexo”.
A pantalla, que conta cunha alta resolución de 1280 x 800 píxeles, está orientada a un uso tanto particular como profesional, grazas á posibilidade de usala como monitor de PC.
Entre as principais características da nova pantalla LCD de Airis destacan os seus altofalantes estéreo integrados de 15,4 polgadas de tamaño que garanten a satisfacción dos usuarios e a compatibilidade coa emisión 16:9 que se converterá en breve no estándar de emisión e que permite ver as películas de cine axustadas ó seu tamaño orixinal.
O modelo MW145 tamén é compatible co DVD Airis LW108 P que foi especialmente deseñado para encaixar na base da televisión MW145.
En canto ás súas características técnicas, caben destacar as seguintes:
– Brillo: 200 CD/m2
– Contraste: 400:1
– Ángulo de visión: 90/65 graos.
– Sistema de TV: PAL-SECAM.
– Sistema de vídeo: PAL/PAL60/SECAM/NTSC
– OSD: Español, inglés, francés, alemán e Italiano.
A MW145 de Airis xa está á venda e o seu prezo é de 249,90 euros (IVE incluído).

