Agora que Toshiba retirou o HD DVD da guerra de formatos de alta definición, os fabricantes de informática comezan a mirar ó Blu-ray, e Philips e Lite-On anuncian que durante o segundo trimestre do ano lanzarán unha unidade de Blu-ray USB externa.
A Lite-On DX-4O1S poderá ler discos Blu-ray a 4x, DVD a 12x e CD a 32x e tamén contará cunha versión interna que terá un prezo estimado de 150 dólares.
De tódolos xeitos, a entrada do Blu-ray nos equipos informáticos parece que será lenta, pois aínda poucos ordenadores poden tirar proveito das películas en alta definición (tanto pola súa potencia como polo tamaño das súas pantallas).
Lite-On comercializará unha lectora externa de Blu-ray
Compartir Este Artigo

