Os galegos poderán coñecer de xeito integral o proceso de contratación pública da Xunta de Galicia nas súas diferentes fases a través dunha iniciativa da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación de Políticas Públicas que desenvolve o contido do artigo 10º da Lei 4/2006 de Transparencia e Boas Prácticas a través dunha nova sección na páxina web da Xunta.
Deste xeito os cidadáns poderán coñecer os membros de cada mesa de contratación e disporán de información sobre a revisión da documentación administrativa, as incidencias xurdidas e as conclusións do proceso. Tamén se informará das ofertas presentadas, a súa valoración, o adxudicatario e as condicións de dita adxudicación.
Os procesos de contratación pública poderanse seguir dende a web da Xunta
Compartir Este Artigo

