Imaxe que identifica a Ashley Alexandra Dupre en MySpaceNos Estados Unidos o escándalo que afecta ó gobernador Eliot Spitzer está a ter moita repercusión na Internet, pois unha das acompañantes de luxo coas que mantivo relacións, alcumada coma Kristen, foi desenmascarada polo New York Times, e agora se sabe que o seu nome completo é Ashley Alexandra Dupre e ten o seu propio espazo en MySpace (con máis de 1.800 amigos), onde se poden ver fotografías da moza e mesmo se pode escoitar unha das súas cancións, o que podería supor o lanzamento artístico da moza de 22 anos que atendeu ó polémico cliente número 9, pseudónimo que xa inspirou ducias de dominios de Internet. Fotografía de Kristen en Saint Tropez publicada en MySpaceNa Rede tamén se poden ver vídeos criticando ó político caído tras este escándalo de prostitución (ou fancendo burla do acontecido con paródicas cancións), así como camisetas e todo tipo de mercadotecnica, deixando constancia a facilidade coa que acontecementos de actualidade se poden converter en todo un fenómeno da Internet.