
Nos pasados días vimos cómo se aproveitaba con fins publicitarias o escándalo, e finalmente vemos cifras que concretan a súa medida, de xeito que os 2 temas actuais de Dupré xa son as cancións máis vendidas durante o último mes na tenda virtual de Amie Street sumando máis de 300.000 descargas, o que poderían supor uns 204.000 dólares para a artista.
Pero os beneficios non rematan aí, senón que agora se coñece que a revista erótica Hustler ofreceu 1 millón de dólares á moza para que saíse espida na súa publicación, mentres que o estudo Kick Ass Pictures ofrecía a mesma cantidade para que protagonizarse unha película pornográfica (o que en España podería lembrar a Poli Díaz, Dinio, Carmen de Mairena ou La Veneno).
Estímase que o escándalo sexual puderá xerar para a acompañante de luxo entre 2,5 e 5 millóns de dólares, aínda que tamén hai outros que se benefician indirectamente, coma o rapeiro Mysterious, que conta cun cameo de Ashley Alexandra Dupré no videoclip gravado no verán de 2006 do tema Pop Off:
O escándalo sexual que máis dá que falar na Internet norteamericana podería xerar uns 5 millóns de dólares en beneficios
Compartir Este Artigo

