Os discos de memoria sólida están chamados a ocupar o lugar dos discos duros nos dispositivos portátiles, por contar cunha maior autonomía e velocidade, aínda que parece que esta tecnoloxía aínda non está madura se atendemos a un informe de Avian Securities, o seu problema non radica só no seu elevado prezo, senón tamén nunha baixa fiabilidade.
Un importante fabricante que permite mercar os seus portátiles con discos SSD atopou con que se devolven entre un 20 e un 30% das unidades vendidas, e segundo parece, entre o 10 e o 20% dos equipos dan problemas ás poucas semanas de uso, o que supón unha taxa de erro moi superior ás dos discos duros ordinarios (que está entre o 1 e o 2%).
A estes problemas hai que engadir que moitas aplicacións non acadan un maior rendemento con discos SSD, polo que o incremento de prezo (que é de 900 dólares nos portátiles Dell) non paga a pena, polo que xa están a traballar en novas versións desta tecnoloxía que corrixan os fallos detectados.
Haberá que agardar a que os discos de memoria sólida sexan máis fiables e económicos antes de que se concreten coma alternativa ós discos duros actuais, aínda que hai que lembrar que tamén existen solucións híbridas que tamen resultan atractivas.
Os discos de memoria sólida aínda teñen unha taxa de fallos moi elevada
Compartir Este Artigo

