No mercado hai multitude de reprodutores multimedia portátiles con grandes prestacións, pero na meirande parte dos casos presentan unha relación de aspecto de 4:3 cando moitos dos contidos actuais (especialmente en películas e series de televisión) están en formato 16:9, polo que para atender esta demanda sae o Onda VX767, que na súa pantalla panorámica de 4,3 polgadas presenta unha imaxe cunha resolución de 480 x 272 píxeles e permite a reprodución de numerosos formatos de vídeo (AVI, FLV, ASF, MOV, MP4, WMV, 3GP e MPG) e audio (MP3, WMA, APE e FLAC).
O reprodutor tamén permite a visualización de imaxes, a gravación de voz, a sintonización de radio FM e mesmo algún xogo sinxelo.
Os contidos almacénanse en tarxetas de memoria microSD cunha capacidade máxima soportada de 32 Gb e a súa autonomía permite a reprodución contínua de 40 horas de audio e 10 horas de vídeo.
O reprodutor con pantalla panorámica Onda VX767
Compartir Este Artigo

