O lanzamento do Service Pack 3 para Windows XP prometía ser inminente, pero dende Microsoft decidiron publicar unha nova versión de proba, a Release Candidate 2, que se pode descargar para equipos en inglés, alemán e xaponés que conten con XP, aínda que só está pensada para a súa avaliación, e non contén cambios substanciais con respecto da anterior versión de proba, pero corrixe varios fallos detectados e engade o soporte de HD Audio.
A versión definitiva do SP3 para Windows XP podería saír na segunda metade do mes de abril, e aparte das melloras de rendemento e corrección de fallos detectados, tamén podería optimizar a súa interacción con Windows Server 2008.
Nun principio Microsoft pretendía deixar de vender ordenadores con Windows XP a partir do mes de xuño, pero en vista da demanda dos usaurios este prazo podería ampliarse.
O SP3 para Windows XP podería saír en abril
Compartir Este Artigo

