O lanzamento do SDK para o iPhone leva a moitos fabricantes a preparar aplicacións para o móbil de Apple que podería comezar a ver a luz o vindeiro mes de xuño, e así coma Adobe anunciou o seu interese de adaptar Flash ó terminal móbil máis popular do momento, tamén Microsoft podería facer o propio coa súa tecnoloxía Sliverlight.
Aínda que algúns parecen sorprendidos de que Microsoft amose interese en desenvolver software para o iPhone, o certo é que a compañía de Redmond fai bastantes produtos para equipos de Apple (e mesmo licenciou a súa tecnoloxía ActiveSync para o iPhone), e agora aparecen rumores sobre a posible adaptación do Microsoft Office para o iPhone ou mesmo de tecnoloxías de recoñecemento de voz, polo que Microsoft podería comezar a explotar comercialmente o móbil de Apple coma plataforma para as súas aplicacións.
Microsoft podería comezar a desenvolver aplicacións para o iPhone
Compartir Este Artigo

