O AnyDVD incorporou a posibilidade de copiar discos Blu-rayO lanzamento dunha nova versión do AnyDVD HD que permite superar a protección BD+ das películas en discos Blu-ray comeza a ter serias repercusións, e Nicholas Deleon de Crunchgear detectou numerosas películas en alta definición (exclusivas para Blu-ray) circulando a través da Internet, polo que centos de películas se poderían conseguir de balde en alta definición, o que podería facer perigar o soporte Blu-ray, que aínda que derrotase ó HD DVD na guerra da alta definición, se enfronta agora ás descargas de Internet (tanto legais coma ilegais), polo que o seu futuro continúa a ser incerto. Dende SlySoft advirten de que o seu software permite copiar as películas en Blu-ray actuais, pero a protección BD+ aínda pode reforzarse en futuros lanzamentos, como tamén pasa coas películas en DVD (que cada día incorporan novas medidas de protección para dificultar a súa copia). Listaxe de varias das películas en alta definición atopadas na Internet