
O novo servizo permite almacenar ata 2 Gb de imaxes de balde, e permite a sincronización con Facebook, MySpace e Picasa (o soporte de Flickr chegará nas vindeiras semanas). A súa principal vantaxe é que funciona en calquera navegador para Windows, Mac OS X ou Linux que soporte Flash 9.
O sistema de edición das imaxes non é destructivo, de xeito que os cambios nas nosas fotografías se poden desfacer (podendo rescatar sempre o ficheiro orixinal) e permite agrupar as imaxes en álbums e presentacións. Convértese así nunha alternativa máis para achegar as nosas imaxes á Internet dun xeito doado.
Na mesma liña, Adobe tamén conta co Adobe Premiere Express, que permite a edición de vídeo en liña, e que se ofrece a través de servizos doutras empresas como a MTV e Photobucket.
Adobe estrea un Photoshop en liña para facilitar a publicación de imaxes na web
Compartir Este Artigo

