Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF-Galicia) presenta hoxe, martes 2 de abril, en Santiago de Compostela e mañá, mércores 3 de abril, en Lugo o seu programa de voluntariado asociado a estancias en países do Sur para vivir en primeira persoa a realidade da pobreza e colaborar na mellora das condición dos seus habitantes.
A fin de potenciar o proceso de aprendizaxe dos seus voluntarios, ESF organiza unha serie de Proxectos de Coñecemento da Realidade que consisten en estancias de dous meses en países do Sur para pequenos grupos de voluntarios e voluntarias de xeito que poidan participar activamente no proxecto de cooperación que se está a desenvolver e coñecer a realidade existente.
No evento presentarase a convocatoria destes PCRs 2008 así como as experiencias dos e das estudantes da USC que estiveron recentemente de voluntarios e voluntarias en Nicaragua.
ESF presenta os seus Proxectos de Coñecemento da Realidade en Santiago e Lugo
Compartir Este Artigo

