Cumprindo co agardado, Nokia anunciou unha nova versión do seu N810 que incorpora contectividade WiMAX pensando no espallamento deste tipo de redes sen fíos nos EE.UU., onde se comezará a vender este MID este verán.
O Nokia N810 é un dispositivo cunha pantalla táctil de 4,13 polgadas, un teclado deslizante QWERTY, unha webcam integrada, navegador web baseado en Mozilla, GPS, reprodutor multimedia, 2 Gb de memoria interna e un lector de tarxetas microSD. O seu modelo normal pode conectarse á Rede a través de Wi-Fi ou a través dun móbil (vía Bluetooth) pero agora tamén será compatible con WiMAX nesta nova edición.
O Nokia N810 WiMAX Edition achega unha experiencia de uso da Internet que ata o momento só se podía agardar dun ordenador completo, permitindo utilizar aplicacións de VoIP (mesmo Skype), Google Talk ou ver contidos en Flash.
O Nokia N810 WiMAX Edition comezará a venderse no verán
Compartir Este Artigo

