Finalmente se coñecen os plans de lanzamento do Windows XP SP3 en inglés, francés, alemán, japonés, coreano, chinés e español, que chegará a finais do presente mes, e que incluirá tódalas actualizacións e correccións dende o SP2, os distribuidores poderán continuar a vender equipos co SP2 (aínda despois do lanzamento do SP3) e os usuarios de XP Media Center Edition e Table Edition só poderán acceder á actualización descargándoa da Internet (non contarán co CD oficial).
A versión para fabricantes tamén sairá un pouco despois de que se publique o SP3, pois agardan poder incorporar algunha actualización provinte dos usuarios de proba.
Confirman que este mes sairá o Service Pack 3 para Windows XP
Compartir Este Artigo

