Nos últimos días o segundo fabricante de procesadores máis importante a nivel mundial, AMD, está a vivir uns momentos críticos economicamente, tendo que afrontar un recorte do seu cadro de persoal que afecta a 1.680 traballadores despois de que perdesen 3.379 millóns de dólares no exercicio fiscal de 2007.
O principal competidor de AMD, Intel, logrou acaparar o 79% do mercado, pero iso parece responder máis a motivos comerciais que á relación calidade/prezo dos seus procesadores, pois unhas probas comparativas entre os últimos AMD Opteron e os Intel Xeon amosan que os procesadores de AMD teñen un mellor rendemento (e menor prezo).
Nas probas con servidores con 4 procesadores Opteron e 4 procesadores Xeon o equipo baseado en AMD acadou un rendemento un 38,74% mellor, mentres que nunha comparativa con 2 procesadores cada servidor a diferenza de rendemento foi só do 14,90%. En cambio, dende BetaNews indican que os Opteron 8356 de catro núcleos custan 1.649 dólares, mentres que os Intel Xeon X7350 se venden a 2.389 dólares, diferenza de prezo que fai aínda máis interesante a opción de AMD.
Os novos AMD Opteron superan en rendemento aos Intel Xeon
Compartir Este Artigo

