O Banco de España vén de por en marcha unha Oficina Virtual de reclamacións a través da que os cidadáns poderán presentar as súas consultas e queixas sen necesidade de desprazarse fisicamente ata unha sucursal da institución.
Segundo vén de informar a entidade, a Oficina Virtual do Servizo de Reclamacións consta dunha zona pública, dende a cal os usuarios de produtos bancarios poderán realizar consultas sobre cuestións que poidan xurdir nas súas relacións coas entidades financeiras e dunha zona privada, que permitirá a presentación dunha reclamación ou queixa contra unha entidade concreta, así como realizar o seguimento do expediente de reclamación mediante a consulta do estado da tramitación do mesmo.
Para acceder á zona privada é preciso darse de alta como usuario previamente na zona pública así como posuír o DNI electrónico ou outros sistemas de sinatura electrónica avanzada que o Banco de España teña recoñecidos.
Segundo vén de informar a institución financeira, coa apertura desta oficina “o Banco de España segue a avanzar no seu obxectivo de facer máis accesibles os seus servizos ó público” completando o proceso iniciado hai catro anos polo Servizo de Reclamacións ó ofrecer a posibilidade de levar a cabo consultas por correo electrónico e reforzar o servizo de atención por vía telefónica. Nada comparable á nova Oficina Virtual da entidade.
O Banco de España abre unha oficina virtual de reclamacións
Compartir Este Artigo

