Sony volve a anunciar demoras no lanzamento de PlayStation Home, o servizo que se coñece informalmente coma o Second Life de PlayStation 3, e que continuará en probas durante o verán para comezar a abrirse ao público no outono.
Este novo espazo virtual non só permitirá personalizar avatares que representan aos usuarios, así como moverse por contornos tridimensionais, senón que se aproveitará como plataforma para outros servizos aínda por detallar (e que poderían achegar a rendibilidade a este sistema gratuíto).
Este anuncio da compañía nipona coincide co anuncio extraoficial de que este verán estrearán un servizo de descargas de vídeo (series de televisión e películas) nos EE.UU. Deste xeito a plataforma PlayStation Network competiría con iTunes e o Xbox Live Marketplace nun mercado crecente.
PlayStation Home retrásase ata despois do verán
Compartir Este Artigo

